Sociedad
21-04-2008
A sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago acolle a exposición "Sorolla y sus contemporáneos". Ao acto de inauguración asistiu o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o embaixador de Cuba en España, Alberto Velazco San José, e a subdirectora de Extensión Cultural do Museo Nacional de Bellas Artes de La Habana, Esperanza Maynulet García.
A mostra exhibe ata o 6 de xullo na capital galega a colección de pintura española do Museo de Belas Artes da Habana. "Sorolla y sus contemporáneos" reúne case 60 obras dalgúns dos pintores máis destacados da arte española na etapa artística que os expertos chaman o ?cambio de século?. A mostra xa se puido ver na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol.
Na nómina de artistas figuran xunto ao mestre do luminismo español nomes clave na historia da pintura, como Zuloaga, Santiago Rusiñol, Anglada Camarasa ou Cubells, entre outros.
Do total de obras expostas, exhíbense en Santiago 17 óleos de diferente formato de Joaquín Sorolla y Bastida, pintados nos anos de maior produción do artista e que amosan a súa evolución estilística e técnica.
Como complemento á mostra, a Fundación Caixa Galicia organiza un ciclo de conferencias sobre o pintor valenciano. Así, mañá martes ás 20.30 horas celebrarase no auditorio da Fundación a ponencia 'Os Sorollas de La Habana. A Colección do Museo Nacional de Belas Artes, Cuba', a cargo de Máximo Gómez.
O ciclo continuará o mércores, 23 de abril, coa charla de José Manuel López Vázquez sobre "Sorolla a a pintura galega: influencias e desavenencias". Xa no mes de maio, o día 7, Facundo Tomás falará de "A pintura de Joaquín Sorolla. Evolución e xéneros".
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias