El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Xóvenes Agricultores considera desafortunado o cambio de denominación do Ministerio de Espinosa

Piden que a agricultura sexa un sector estratéxico de primeira orde no Goberno

22-04-2008

O sindicato Xóvenes Agricultores critica a decisión do Executivo central de cambiar a denominación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación pola de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, ao entender que "nestes momentos de crise sen precedentes" o debate agrario debería configurarse "coma un dos principais retos do Goberno". Esta organización entende que o Executivo que dirixe José Luís Rodríguez Zapatero tomou esta determinación de forma "unilateral e arbitraria", de forma que "se ningunean" a agricultura e a alimentación, que desaparecen das siglas da carteira ministerial que dirixirá a galega Elena Espinosa. Nunha nota remitida aos medios, Xóvenes Agricultores manifesta a súa oposición a que se "reste importancia ó sector agrario" nun contexto de caída dos ingresos dos gandeiros, de debate sobre as enerxías renovables e de reestructuración da Política Agraria Comunitaria (PAC). Nesta situacíón, "non parece moi oportuno excluír o nome de Agricultura" da denominación do departamento español, ao considerar que podería ser interpretado polo resto de membros da UE como "unha perda de interese na defensa dos nosos intereses agrarios". Así as cousas, o colectivo insta ao Goberno central a que "reforce e faga patente" o interese deste novo ministerio pola agricultura "como sector estratéxico de primeira orde do Goberno de España".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias