El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Fundación Barrié levará á Coruña e Vigo unha retrospectiva do fotógrafo Paul Strand

23-04-2008

A Fundación Pedro Barrié de la Maza abrirá o 3 de xullo na súa sede na Coruña e o 2 de outubro en Vigo a primeira retrospectiva que se poderá ver en España do fotógrafo norteamericano Paul Strand. A mostra será organizada pola Fundación en colaboración coa Aperture Foundation de Nova York, e o Philadelphia Museum of Art, que emprestaron as 114 imaxes orixinais que integran a exposición. Comisariada por Rafael Llano, a exposición reúne por primeira vez en España fotografías de todos os períodos da carreira de Strand, con imaxes dende 1915 a 1976. Ata hoxe, só se celebrou unha exposición sobre o foógrafo norteamericano, organizada pola Fundación Aperture e que visitou en 1996 o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, dedicada ao seu período europeo. A mostra da Fundación Barrié estruturarase en torno a dez seccións para comprender as etapas artísticas e temáticas da obra de Strand: o seus principios en Manhattan, a investigación da natureza, a investigación da cultura mexicana, a historia e tradicións de Norteamérica, os pobos e culturas europeas, os traballadores, a democracia, ciencia asociada ao progreso, raíces familiares e a vida infinita no xardín. A montaxe incluirá espazos para proxectar imaxes seleccionadas dos filmes dirixidos por Strand: 'Mannhatan', 'Redes' e 'Native Land'. 'Paul Strand. Retrospectiva' poderá verse entre o 3 de xullo e o 14 de setembro na sede da Fundción Barrié na Coruña e entre o 2 de outubro e o 11 de xaneiro na sede de Vigo. Con esta mostra exclusiva, a Fundación Barrié retoma a súa liña de exposicións temporais dedicadas a clásicos da fotografía, pola que xa achegou a obra de Arnold Newman, Edward Weston, Alfred Stieglitz, Ansel Adams e en 2005 a exposición 'Iconos: la mejos fotografía y cine de la George Eastman House'. Con motivo desta exposición, a Fundación edita un catálogo titulado 'Paul Strand. En el principio fue Manhattan', que reproducirá integramente as 114 fotografías da exposición, cun ensaio sobre o fotógrafo escrito polo comisario da exposición, e que virá suplir a carencia de obras sobre o fotógrafo en España. O texto irá ilustrado tamén coa obra doutros importantes fotógrafos americanos: Alfred Stieglitz, Lewis Hine, Clarence White, Dorothea Lange, Walker Evans, Behn Shahn, Arthur Rothstein, Mathew Brady y Alexander Gardner.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias