El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Este venres saen a venta as entradas para o concerto de Bob Dylan en Vigo

24-04-2008

As 10.000 entradas para o concerto que ofrecerá Bob Dylan no Instituto Feiral de Vigo o 27 de xuño saen este venres 25 a venda en Caixanova, no teléfono 902.504.500 e na web ww.caixanova.es, a un prezo de 35 euros, segundo anunciou o tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez Olveira. Ademais, o nacionalista salientou que para o concerto de Lenny Kravitz, que terá lugar o 29 de maio tamén no IFEVI, xa se venderon en só unha semana 3.000 entradas das 10.000 postas á venda. ?Estas actuacións, xunto coa de The Chemical Brothers, marcan unha nova etapa na cidade como referente das grandes promotoras de concertos?, salientou o tenente de alcalde, quen asegurou que a presenza do polifacético Bob Dylan en Vigo tras recibir o ano pasado o premio Príncipe de Asturias será sen dúbida un dos pratos fortes deste ano. Bob Dylan ten sido, durante cinco décadas, unha das máis importantes figuras da música contemporánea e un dos compositores e músicos máis influíntes e prolíficos do século XX. O seu máis reciente disco, "Modern Times", lanzado o 29 de agosto de 2006, fixo que Dylan se convertise, aos 65 anos, no cantante solista máis veterano da historia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias