El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

As mellores películas cubanas poderanse ver en Santiago

25-04-2008

A primeira Mostra de Cine Cubano en Galicia chegará a Santiago entre os días 12 e 16 de maio. Cúmprese así un acordo asinado en abril do ano pasado entre a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta e o Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC), coa vontade de ampliar as canles de difusións dos seus respectivos patrimonios audiovisuais e afianzar as relacións institucionais, profesionais e artísticas. As proxeccións da Mostra de Cine Cubano en Galicia, que incluirá as producións cubanas de maior recoñecemento nos últimos anos, desenvolveranse no Teatro Principal ás 20 horas entre os días 12 e 16 de maio e serán de balde, previa recollida de entradas no despacho de billetes. Así, o público poderá gozar de títulos inéditos en España como 'El Benny', de Jorge Luis Sánchez; 'Tres veces dos', de Pavel Giroud, Lester Hamlet e Esteban Insausti; 'Nada' e 'Viva Cuba', de Juan Carlos Cremata, e 'La Pared', de Alejandro Gil. A película inaugural, 'El Benny', está inspirada na vida do músico cubano Beny Moré, e foi seleccionada por Cuba para a candidatura aos Premios Oscar no 2007, amais de percorrer un importante número de festivais internacionais nas súas seleccións oficiais. O resto das películas acumulan premios en festivais como os de Montreal, La Habana, Miami, Cannes ou El Cairo, e algunhas foron candidatas aos Premios Goya ou aos Premios Ariel de México. O acto de apertura, que se desenvolverá o día 9 de maio na sede da SGAE en Santiago, contará coa participación do presidente do Consorcio Audiovisual, Fernando Salgado; a vicepresidenta de Rlacións Internacionais do ICAIC, Susana Molina; o director do Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano, Iván Giroud, e do actor protagonista de 'La pared', Héctor Noas. Ademais, haberá unha actuación musical a cargo de Santiago Feliú. Será unha ocasión única de escoitalo antes de que a súa xira pase por Compostela, prevista para o mes de xuño.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias