Sociedad
29-04-2008
Nas primeiras semanas de venda de localidades, o concerto que Juanes ofrecerá en Santiago o vindeiro 20 de xuño xa leva vendidas máis de mil entradas, segundo informou Caixa Galicia, patrocinadora do evento organizado por Cávea Producciones en colaboración co Multiusos Fontes do Sar.
As entradas pódense adquirir a un prezo de 35 euros no teléfono 902 43 44 43 e en www.caixagalicia.es, onde aínda están dispoñibles máis de 2.400 localidades. Os titulares da tarxeta Visa NetClub Caixa Galicia teñen un 25% de descoento na súa entrada.
A de Santiago será a única actuación que o artista colombiano ofrecerá no noroeste da Penísula, dentro da súa xira 'La Vida World Tour', polo que a organización confía en que asistirán fans procedentes non só de Galicia, senón tamén Asturias, Castela e León e do norte de Portugal.
Cantante, compositor, guitarrista, músico e produtor, a música de Juanes é unha fusión de rock con ritmos colombianos como o vallenato, a cumbia, o ?mapalé? e outros ritmos internacionais como o flamenco, a trova e o tango.
Juanes ten no seu haber doce Grammys Latinos e foi nomeado pola revista Time como unha das cen persoas máis influíntes no mundo. Actualmente é o artista latino de rock con máis vendas en todo o mundo, con máis de 8 millóns de discos vendidos.
O pasado mes de outubro lanzou ao mercado un novo álbum titulado 'La vida... es un Ratico', e o seu primeiro tema, 'Me enamora', vendeu máis dun millón de copias nunha semana.
Neste traballo, conviven cancións de amor e temas sociais como 'Minas piedras', co arxentino Andrés Calamaro, ou 'Bandera de manos', a dueto con Campino, o líder e cantante da banda alemana Die Toten Hosen.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias