Sociedad
05-05-2008
Un total de 18 grupos musicais poderán beneficiarse este ano do programa 'Outra+Outra', impulsado pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia para a produción de CDs. O presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera, asinaron o convenio que permitirá que se desenvolva esta actividade.
Fernández Moreda sinalou que poden participar nesta iniciativa os grupos que este ano se integraran na "rede cultural", composta por 400 formacións musicais.
O prazo de solicitude remata o 16 de maio. Os 18 grupos escollidos polo xurado poderán gravar un CD no estudio que a Fundación Paideia ten no Centro de Iniciativas Empresariales Mans. Cada un dos grupos seleccionados disporá de mil copias do CD para salir ao mercado. A Deputación investirá neste proxecto 34.800 euros, mentres que os grupos financiarán o outro 50% do custe total da gravación.
Na pasada edición do programa, 15 formacións conseguiron a gravación dun CD cada unha, entre as que se atopaban o coro de cámara Ludus Tonalis, a banda de música Sementeira de Cambre, o coro ferrolán Toxos e Froles, a coral polifónica O Pote, o grupo de danzas Iar e a formación Capriccio Vocale.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias