El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Amparanoia e Def con Dos actuarán en agosto no Festival Brincadeira de Ordes

06-05-2008

O Festival Brincadeira 08 xa está a quentar motores para ofrecer os días 8 e 9 de agosto en Ordes (A Coruña) un gran evento cultural que inclúe un certame de videoclips, unha feira de mostras de pintura, artesanías, novas tecnoloxías e deseño gráfico e música. Dentro das actuacións musicais, que se desenvolverán nunha carpa instalada no campo da feira, xa están confirmados os nomes de Amparanoia, que presentará o disco "Seguiré caminando" e Def con Dos, así como Krakovia, Los Coronas e Chícharo Psicótico. A organización avanza que tocarán catro grupos diferentes cada día. Organizado polo Concello de Ordes e producido por Iceberg Audiovisual, coa colaboración distintas consellerías e empresas patrocinadoras, o Festival ofrece as actividades de balde. O certame de videoclips estará dotado dun premio económico e dun premio promocional, consistente na difusión da obra gañadora en diferentes circuítos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias