El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O director do Festival de Cine Pobre de Cuba participa nun debate en Santiago

07-05-2008

O director do Festival Internacional de Cinema Pobre de Gibara (Cuba), Sergio Benvenuto, participará na xornada sobre a curtametraxe e o cinema sen recursos organizada para mañá polo Club Internacional de Prensa e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. O obxectivo do encontro e da mesa de debate que se desenvolverá este xoves é analizar o potencial da curtametraxe e incidir na creatividade para soster e promover este formato, empregado sobretodo polos máis novos e os que carecen de soportes empresariais que os avalen. O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, manterá nesta xornada ás 17 horas no Club de Prensa un encontro pechado co sector audiovisual, acompañado por Benvenuto, no que se fará un especial fincapé no referente á produción da curtametraxe. De seguido, ás 20 horas debaterase sobre a experiencia do Festival de Cinema Pobre de Cuba, que xa vai pola súa sexta edición, e sobre os retos de Galicia, nun acto aberto ao sector e aos novos creadores. O debate, presentado por Fernández Iglesias, contará coa presenza de Benvenuto, do director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Ignacio Varela; do coordinador da Axencia Galega do Audiovisual, Manuel González; do historiador cinematográfico Miguel Anxo Fernández, e de directores e realizadores cunha importante traxectoria na curtametraxe, como Mario Iglesias e Alex Sampayo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias