El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

María do Ceo leva os temas do novo disco 'Tan lonxe' ás sedes da Fundación Caixa Galicia

07-05-2008

A artista portuguesa María do Ceo ofrecerá unha serie de concertos na sede da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Ferrol, Pontevedra e A Coruña. Os concertos enmárcanse na xira galega na que a artista presentará ao público os temas do seu último traballo discográfico, 'Tan lonxe'. O primeiro destes recitais será este xoves, día 8 de maio, en Pontevedra. Ao día seguinte estará na Coruña, coas localidades esgotadas dende hai varios días, e o 14 de maio en Lugo. Finalizará esta xira en Ferrol o venres 15 de maio. As entradas para asistir aos concertos poden adquirirse por anticipado na web www.caixagalicia.es ou no teléfono 902 43 44 43 a un prezo de 3 euros. O día do espectáculo poderán mercarse a un prezo de 4 euros na sede correspondente.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias