El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A revista Tempos Novos dá o salto á rede coa publicación "Tempos Dixital"

08-05-2008

A revista "Tempos Novos" dá o salto a internet e lanza a publicación electrónica "Tempos Dixital", que segundo os seus editores "nace coa vontade de suscitar información, opinión e debate crítico na rede". "Tempos Novos" aparecía nas librarías galegas en abril de 1997, segundo lembran os promotores da iniciativa nun comunicado de prensa. Ao longo destes máis de dez anos de historia, a publicación mensual buscou "interrogar libremente o curso do país, á marxe dos poderes, e informar para o debate e o coñecemento". Agora, xorde a publicación electrónica "Tempos Dixital", como unha "irmá menor" da revista en papel, para tentar "crear opinión rigorosa do que vai acontecendo a diario, así como mobilizar unha hemeroteca que xa conta con máis de 130 números". O novo cibermedio contará con espazos fixos de política, ciencia e tecnoloxía, sociedade, cultura e economía; ademais das seccións adicadas a comunicación e debates. Tamén incorpora unha hemeroteca na que estará a disposición do usuario o material de arquivo de "Tempos Novos". Os autores da publicación resaltan que todos os números do supelemento trimestral de libros Pro-texta tamén se poderán consultar, en formato pdf e de balde. Ademais, A Contratempo da actualidade, sección central de opinión, abre a súa andaina coa análise dos economistas Xavier Vence, Xoán L. Facal e Santiago Lago Peñas sobre a vindeira renegociación do financiamento autonómico e o modelo que lle convén defender á Xunta de Galicia no escenario estatal. A nova web incorpora a opción de comentar as novas -previo rexistro e moderados polo administrados- e busca encadrarse "na web 2.0", dándolle protagonismo á rede social "que se organiza para valorar, reflexionar e mesmo producir os contidos da publicación".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias