Sociedad
12-05-2008
A Fundación Barrié de la Maza ofrecerá este sábado, día 17 de maio, na Coruña un concerto de Milladoiro e Cuarteto Caramuxo, que servirá para poñer fin ao Festival Folk Cancioneiros. O concerto desenvolverase no Palexco da Coruña a partir das 20.30 horas, con entrada gratuíta, previa retirada dos convites na Fundación a partir do venres día 16 ao mediodía.
O grupo gañador do Festival Folk Cancioneiros, Cuarteto Caramuxo, compartirá escenario coa consagrada formación folk, coincidindo co Día das Letras Galegas. Ademais, como premio, o Cuarteto Caramuxo obtén unha dotación de 6.011 euros e a gravación dun disco editado pola Fundación.
A Fundación Barrié celebrou este certame co fin de divulgar o patrimonio da música popular galega e de fomentar entre os grupos folk afeccionados o interese polo repertorio de cancioneiros como o 'Cancionero gallego', de Torner e Bal y Gay, e o 'Cancionero musical de Galicia', de Casto Sampedro y Folgar, recientemente reeditados por la Fundación.
Deste xeito, os dez grupos participantes tiveron que incluír nos seus recitais temas recollidos nestes dous cancioneiros.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias