El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Caixa Galicia inaugura na Coruña unha exposición coa súa colección de debuxos de Castelao

13-05-2008

A Fundación Caixa Galicia inaugura este mércores unha exposición que reúne unha selección dos debuxos de Castelao que forman parte da Colección Caixa Galicia. A sala de exposicións da terceira planta da sede da entidade no Cantón Grande coruñés exhibirá preto dun centenar de pezas que forman parte do conxunto de 175 orixinais adquiridos no ano 1976 pola Caixa de Aforros de Santiago de Compostela. As obras foron publicadas entre os anos 1922 e 1924 no xornal Galicia, nacido en Vigo do empeño de Lousada Diéguez, Ernesto Cádiz e Valentín Paz Andrade. Nesta serie, Castelao aprende e perfecciona o seu debuxo, nos primeiros anos do século XX, grazas ás súas colaboracións en cabeceiras históricas como Galiza Moza, Gaceta de Galicia, Nós, A Nosa Terra, El Noroeste ou nas madrileñas Vida Gallega e El Sol _xunto Ortega y Gasset e Urgoiti_, así como en La Voz de Galicia e Suevia, de Bos Aires. É neses anos cando Castelao, segundo diversos expertos, se somete a unha dura autocrítica e asume que o humor gráfico xa non lle servirá para ridiculizar aos políticos da corte nin para facer rir aos capitalinos a forza das cousas de provincia. Dende aquela inviste os seus esforzos en recoller a sabedoría do seu pobo e, cribada pola ironía e o sarcasmo, devolvérllela a eles, para rebelalos contra o poder, a ignorancia e a inxustiza que os somete. Entón nace ?Cousas?, como continuación das series que na década anterior xa existían como ?Simbolismos?, ?Leria?, ?Leria do Agro?, ?Cousas de nenos? ou ?Cousas de labregos?. Nun principio denomínaas como ?Caricaturas de Castelao?, pero pronto xorde ?Cousas da vida?. Castelao define a caricatura cun valor fundamentalmente ético e identifica a verdade coa beleza. Esta máxima opono á orde establecida e, así, os seus debuxos foron vixiados e moitos deles marcados polo selo da censura do Goberno Militar de Vigo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias