El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Juanes ofrecerá o 20 de xuño en Santiago o seu único concerto en Galicia

20-05-2008

O cantante colombiano Juanes presentará este xoves en Madrid a súa xira española 'La vida', que comezará o 18 de xuño en Cáceres e que inclúe unha única parada en Galicia: a do 20 de xuño en Santiago. As 9.000 entradas para asistir ao concerto, patrocinado pola Fundación Caixa Galicia e Cávea Producciones, están á venda a un prezo de 35 euros, a través da web de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es) e do teléfono 902 43 44 43. Os titulares da tarxeta Visa NetClub Caixa Galicia poderán beneficiarse dun desconto do 25% na compra das localidades. Juanes iniciou a súa xira mundial 'La vida tour' no Madison Square Garden de Nova York e xa leva 25 actuacións en territorio americano. Cantante, compositor, guitarrista, músico e produtor, Juanes fusiona o rock con ritmos colombianos e outros sons internacionais, como o flamenco, a trova e o tango. O colombiano conta xa con 12 Grammy Latinos e foi nomeado pola revista Time como unha das cen persoas máis influíntes no mundo, xa que conseguiu vender máis de 8 millóns de discos. O seu último traballo, 'La vida... es un ratico', trunfou xa co primeiro tema, 'Me enamora', que vendeu máis dun millón de copias nunha semana. Neste último disco, Juanes fala das relacións persoais, do amor e de temas sociais, e conta coa colaboración de artitas como o arxentino Andrés Calamaro e Campino, o líder da banda de punk-rock alemán Die Toten Hosen.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias