Sociedad
20-05-2008
O escritor e xornalista Pascual Serrano, de Rebelion.org, presenta este mércores 21 de maio, na capital galega o seu libro 'Medios violentos. Palabras e imágenes para el odio y la guerra'. Será a partir das 20 horas na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago.
A obra xa fora publicada en Venezuela nunha versión máis reducida, e agora edítase máis ampliada en España. O volume desmonta a teoría de que os medios de comunicación envíen unha mensaxe de rexeitamento da guerra e da agresividade.
Baixo a impresión xeralizada de que os medios adoitan adoptar un papel pacifista e condenatorio da violencia, Serrano demostra que poden chegar a ser grandes aliados da guerra e a agresión.
Así, o autor sostén que os medios tiveron un papel fundamental no conflito de Yugoslavia, foron condenados polo Tribunal Internacional por crimes de guerra no xenocidio dos Grandes Lagos, lideraron un golpe de Estado en Venezuela ou sementan o odio relixioso na India. A todo iso se suma a súa participación na psicose antiterrorista, "ben rendibilizada por Estados Unidos".
Esta obra, baseada no texto que foi Primeiro Premio Internacional de Ensaio 'Pensar a contracorrente' en 2007 destapa con numerosos exemplos a implicación criminal que os medios de comunicación poden chegar a ter no fomento do odio, sesgos informativos, terxiversacións e silencios, xenofobia e racismo e mesmo culto á guerra e as armas. Ademais, echega propostas para un debate sobre a comunicación que poida promover saídas e alternativas a esta situación.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias