El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Quique González, Deluxe, Iván Ferreiro, Fanny+Alexander e Som do Galpóm tocarán en Santiago no Día da Música

Madrid, Barcelona e Valencia tamén acollen este evento

21-05-2008

Quique González, Deluxe, Iván Ferreiro, Fanny+Alexander e Som do Galpóm conforman o cartel do Día da Música en Santiago. Ademais de na capital galega, o evento celebrarase o vindeiro 21 de xuño en Madrid, Barcelona e Valencia, organizado por Heineken e a Fundación Autor. Así o anunciaron en rolda de prensa Santiago Illarramendi, relacións públicas de Heineken España, e Javier Vidal, director da SGAE no Noroeste, acompañados de José Manuel Montero 'Monti', de La Fábrica de Chocolate, e de Noel Feáns, compoñente de Fanny+Alexander. O concerto desenvolverase no Multiusos do Sar de Santiago, e compartirán escenario algúns dos artistas galegos máis coñecidos na escena pop, como Iván Ferreiro, ex líder de Los Piratas, que presentará o seu segundo disco en solitario, 'Mentiroso mentiroso', ou Deluxe, que tocará algúns dos temas do seu último traballo, 'Reconstrucción'. Dende Galicia e en galego virán as proposta de Som do Galpóm, un grupo de rock que mestura funky e regaae, e o pop electrónico de Fanny+Alexander, que veñen de publicar o seu segundo álbum 'Finais dos 70s, comezos dos 80s'. Xunto a eles tocará o cantautor Quique González, que segundo explicou 'Monti', de La Fábrica de Chocolate, "bebe das fontes de Bob Dylan e Neil Young". Os coruñeses Triángulo de Amor Bizarro participarán tamén desta iniciativa, aínda que actuarán en Madrid, xunto a artistas da talla de Enrique Morente ou The Sunday Drivers, entre outros. Facto Delafé y las Flores Azules e Antonia Font son os principais reclamos dos concertos de Barcelona e Valencia. As entradas para o espectáculo de Santiago poranse á venda a próxima semana a un prezo de 10 euros por anticipado e de 15 euros en taquilla, segundo informaron hoxe os organizadores. Con esta actividade arranca o calendario de 'Galicia escoita', unha iniciativa na que se unen o Festival FAX de Ourense, que comeza o 27 de xuño, o Festival Cultura Quente de Caldas, o Festival Mar de Fondo de Noia, o Vibrasons de Pontevedra, o Sonearte de Viveiro e o Reperkusión de Allariz, que se celebrará do 19 ao 21 de setembro.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias