El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A exposición "Galiciadixital" recibiu máis de 16.000 visitas dende setembro

23-05-2008

A exposición itinerante "Galiciadixital" recibiu un total de 16.825 visitas dende o pasado mes de setembro nos 13 concellos polos que pasou. Organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación, a exposición pretende achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanía e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e institucións galegas. O concello de Chantada foi onde máis visitas se rexistraron, cun total de 1.800, seguido de Foz, con 1.795, e Noia, con 1.630. Padrón e Castro Caldelas tamén recibiron un bo número de visitantes, con 1.560 e 1.585, respectivamente. A exposición itinerante é unha réplica da exposición permanente "Galiciadixital" situada no Mosteiro de San Martiño Pinario, de Santiago. Ademais, o pasado mes de abril, a mostra foi vista por 5.600 persoas, 500 máis que en abril do 2007. Ata a data, máis de 450.000 persoas visitaron esta exposición, que xa leva varios anos percorrendo Galicia





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias