Sociedad
23-05-2008
O escritor arxentino Marcelo Birmajer impartirá unha conferencia sobre o tema "Os intelectuais e a nova xudeofobia" o mércores día 28 de maio ás 20 horas no Club Internacional de Prensa de Santiago.
Nado en Bos Aires en 1966, Birmajer ten publicados uns 30 libros, como 'Un crimen secundario', 'Tres mosqueteros' ou 'Nuevas historias de hombres casados'. Ademais, é coautor do guión de 'El abrazo partido', co que conseguiu o Oso de Prata de Berlín en 2004.
Marcelo Birmajer foi un dos que escribiu e editou o libro 'En defensa de Israel', onde aparecen tamén as firmas de Pilar Rahola, José Jiménez Lozano, Gabriel Albiac, Valentín Puig, Juana Salabert e Horacio Vázquez-Rial, entre outros.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias