Sociedad
26-05-2008
O historiador británico Paul Preston participará o martes, día 3 de xuño, no ciclo "Os Encontros do Club", organizado polo Club Internacional de Prensa. Preston falará o martes 3 de xuño a partir das 20 horas na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago sobre os correspondentes estranxeiros na Guerra Civil, presentado polo secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado.
Para o experto no estudo da Guerra Civil española, este conflito "supuxo o inicio da era dos correspondentes de guerra", xa que nos seus tres anos de duración, "os ollos do mundo fixáronse en España, e os nomes máis importantes da prensa internacional apresuráronse a informar e rexistrar aqueles feitos".
Foi o caso dos americanos Jay Allen, Herbert L. Matthews e Louis Fisher, o ruso Mijail Kolstov e o sudafricano George L. Steer. Entre o millar aproximado de correspondentes que se desprazaron en tropel a España, só unha minoría apoiaba a Franco. Máis numerosos foron os que simpatizaron cos sufrimentos dos españois de a pé e co entusiasmo co que continuaban loitando para defender a República.
Para Preston, ?a experiencia do acontecido na Alemaña nazi e na Italia fascista impulsou a estes correspondentes a intentar abrir os ollos dos seus respectivos gobernos ante a escasa visión de futuro dunha política de non intervención, que privou á República de medios para defenderse e botouna nos brazos da Unión Soviética?.
Sobre Paul Preston
Paul Preston licenciouse no Oriel College, en Oxford, antes de trasladarse á Universidade de Reading para rematar o seu Master en Estudos Europeos. Regresou ao Oriel College para traballar no seu doutorado. Posteriormente, ocupou un posto de profesor universitario no Reading antes de trasladarse ao Queen Mary College en Londres. En 1991 incorporouse como profesor de Historia Internacional no London School of Economics.
Preston recibiu en 2005 o Premio Internacional Ramón Llull, concedido conxuntamente polo Institut de Estudis Cataláns e o Institut Ramón Llull. Este galardón é o máis prestixioso a nivel internacional concedido en Cataluña aos logros académicos, e foille concedido en recoñecemento "ao logro de toda unha vida dedicada a un traballo de valor histórico excepcional centrado na Segunda República, a Guerra Civil, a ditadura franquista e a transición á democracia en España".
En 2006 Paul gañou o Premi Trias Fargas e tamén foi condecorado coa Grande Cruz da Orde de Isabel la Católica, un dos máis altos recoñecementos do Estado Español.
En xuño de 2006, o profesor Paul Preston incorporouse á Academia Europea de Yuste, onde ocupo o Sillón de Marcel Proust. Esta Academia componse de 30 membros, entre eles, Umberto Eco, José Saramago, o economista alemán gañador do Premio Nobel, Reinhard Selten, o sociólogo francés, Alain Touraine ou o dramaturgo inglés Peter Shaffer, entre outros.
Entre a súa obra publicada atópase 'Franco: Caudillo de España', 'Palomas de guerra y España y las grandes potencias en el siglo XX', 'Franco y la política de venganza: el fascismo y el militarismo en la España del siglo XX', 'La Guerra Civil', 'Palomas de guerra. Cinco mujeres marcadas por el conflicto bélico', 'La destrucción de la democracia en España', 'Las tres Españas del 36', 'Juan Carlos: el Rey de un pueblo', 'El triunfo de la democracia en España' e 'Idealistas bajo las balas'.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias