El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Os grupos galegos Marful e Serra-lhe aí!!! participan no Festival de Sines

02-06-2008

Os grupos galegos Marful e Serra-lhe Aí!!! figuran entre os 40 concertos programados no Festival de Músicas do Mundo de Sines (Portugal), que se desenvolverá entre o 17 e o 26 de xullo. Este evento da world music conmemora o seu décimo aniversario cun programa de dez días de música e iniciativas paralelas. Repartido por catro palcos, un na aldea de Porto Covo e tres na cidade de Sines, o festival presenta un retrato sonoro do mundo no principio de século con algúns dos máis destacados creadores musicais que traballan actualmente en África, Asia, América, Europa e Oriente Medio. De África, o 17 de xullo chega dende Mali Bassekou Kouyaté & Ngoni Ba, que ven de gañar nos premios da BBC Radio nas categorías de mellor grupo africano e mellor disco do ano, mentres que Justin Adams & Juldeh Camara, que tamén viaxarán de África a Portugal, recibiron o galardón na categoría Cruzamento de Culturas. Orchestra Baobab, Kasaï Allstars, Dizu Plaatjies? Ibuyambo Ensemble, Rokia Traoré, Toto Bona Lokua e a cantora Herminia serán os outros artistas africanos convidados ao festival portugués. Dende Asia virán Cui Jian, Asha Bhosle e Asif Ali Khan & Party. Os Estados Unidos marcan unha das presenzas máis fortes no Festival de Músicas do Mundo, coas actuacións de The Last Poets, a orquestra Antibalas, Firewater, Toubab Krewe, Hazmat Modine, Anthony Joseph coa The Spasm Band e o convidado americano Joe Bowie, ex-Defunkt, a Tribute do Andy Palacio feat. Special Guests, Nortec Collective, e dende Brasil, chegará o forró de Silvério Pessoa e de Siba e a Fuloresta. Oriente Medio é representado este ano por dous proxectos israelitas: Koby Israelite e Boom Pam, que dá o último concerto do FMM.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias