El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Federico Luppi trae a Santiago 'O guía do Hermitage'

09-06-2008

O ciclo 'Teatro e Danza en Xira' chega á súa terceira cita coa posta en escena de 'O guía do Hermitage' de Herbert Morote, cun reparto encabezado polo actor arxentino Federico Luppi, acompañado por Manuel Callau e Ana Labordeta e dirixidos por Jorge Eines. Haberá dúas funcións, o venres e o sábado, días 13 e 14 de xuño, ás 21 horas no Teatro Principal da capital galega. Galardoada co Premio de Teatro cidade de San Sebastián no 2003, a obra está baseada nunha historia real. A peza conta a historia dun guía do vello Museo do Hermitage, que continúa ofrecendo visitas guiadas aos cadros que foron enviados aos Urais polo goberno soviético antes de que os alemáns completasen o cerco de Leningrado. E faino con tal paixón e destreza que os visitantes acababan por velos, aprecialos e comentalos. O seu amigo e compañero, Igor, que ao inicio considérao un tolo, ségueo nas ilusións ata a súa morte. Unha vez morto o protagonista, o amigo fiel continuará a súa obra de soños e ilusións, converténdose no novo guía do museo. As entradas poranse á venda o mesmo día do espectáculo de 12.30 a 14 horas e de 18 a 21 horas no propio teatro e por anticipado no teléfono 902 43 44 43 a un prezo de entre 6 e 12 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias