El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Cultura destina 450.000 euros ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en galego

10-06-2008

A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Axencia Audiovisual Galega, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases para optar ás axudas para a realización de filmes e teleseries en lingua galega. A contía da convocatoria ascende a 450.000 euros, de xeito que se equipara á dotación do ano pasado. Poderán aspirar a subvención longametraxes de ficción superiores a 60 minutos, longametraxes documentais superiores a 60 minutos, tv-movies de máis de 80 minutos, formatos televisivos e pilotos de series de animación para televisión. A contía da axuda non superará o 50% dos custos totais do proxecto en cuestión, e cun tope máximo subvencionable de 30.000 por idea presentada. Nesta convocatoria poden participar tanto particulares como produtoras ou produtores independentes. O obxectivo destas subvencións é dar unha oportunidade aos novos talentos, estimular a creación audiovisual no país coa finalidade de potenciar a actividade do sector e aumentar a súa competitividade a nivel internacional.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias