El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Nace en Galicia a colección 'Estudios Árabes e Islámicos'

16-06-2008

A Fundación Araguaney en Santiago acolle este martes ás 20 horas a presentación dos tres volumes que integran a colección 'Estudios Árabes e Islámicos', nacida da colaboración da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), a Fundación Araguaney e o Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz (Igesip). Dous dos tres volumes, titulados 'Entre Os Outros e Nós. Estudos Literarios e Culturais' e 'Estudos Árabes e Islámicos. Perspectivas desde as Ciencias Sociais', de Joám Evans Pim, Barbara Kristensen e Óscar Crespo Argibay, son resultado do curso 'Estudios Árabes e Islámicos', celebrado en Rianxo en xullo do ano pasado. A estes títulos engádeselles 'Os contos de animais na tradición oral palestina', de Moncho Iglesias. A presentación correrá a cargo de Xosé Luís Barreiro Rivas, director do Centro de Docencia e Investigación da UIMP en Galicia e patrono da Fundación Araguaney e o editor e coordinador da colección, Joám Evans Pim, ademais do autor de 'Os contos de animais...', Moncho Iglesias.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias