Os organizadores da XXV edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira pretenden "volver as orixes dos primeiros anos" nesta cita que congregará a centos de mozos na localidade coruñesa entre os días 9 e 12 de xullo. A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón; o coordinador do Festival de Ortigueira, Alberto Balboa; e o director-xerente da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos; presentaron esta mañá o programa en Santiago.
Carmen Pardo salientou que este é un "festival que desde os seus inicios se convertiu nun referente para os amantes do folk e que xa é un dos eventos musicais que máis asistente congrega no Estado". Nas últimas edicións máis de 90.000 persoas se achegaron ata Ortigueira, -cifra que se tentará superar este ano- e desde 2005 ten "o marchamo" de Festa de Interés Turïstico Nacional equiparándose a outras citas como "os Sanfermíns ou a Feira de Abril". Pardo explicou que a nova era que comezou no 1994, logo de cinco anos sen celebrarse, caracterizouse pola "profesionalización do certame, a apertura a outras músicas de raíz non puramente celta e a consolidación como encontro multicultural".
Desde a Secretaría Xeral para o Turismo resaltouse o interés en asumir o patrocinio do Festival Internacional do Mundo Celta, "ao que se uniría a promoción do Xacobeo neste 2009 véspera do Ano Santo, a través da utilización dos seus símbolos". O orzamento do festival ascende a 600.000 euros, dos cales 250.000 foron aportados pola Secretaría. Pardo fixo fincapé en que "o obxectivo é recuperar a liña puramente celta e apostar por unha volta ás orixes musicais do encontro".
O alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, racalcou a orixe do festival que "surgió desde la Escola de Gaitas, con los que hemos realizado un convenio para que este año nos ayuden en la organización". Girón mostrou a súa intención de ter un acordo permanente entre o Xacobeo e o Festival de Ortigueira, e aggradeceu o patrocinio da Deputación da Coruña, Estrella Galicia, Gadisa e Coca-Cola. Sobre a celebración deste evento en tempos de crise, remarcou que "reforzará al festival" xa que "benefeciará la asistencia de público pues este es un festival totalmente gratuíto".
Rafael Girón quixo ter un recordo especial para os cidadáns da vila posto que "ellos sufren las consecuencias del festival durante 15 días, ya que Ortigueira se ve absolutamente colapsada". Ademais, chamou a atención sobre o feito de que pouco a pouco o certame vai adquirindo premios como o 'Percebe de Oro', recoñecemento que se fai desde Cataluña a aqueles que patrocinen a cultura galega e celta non só a nivel nacional, senón tamén internacional.
Un programación que volve ás raíces
Unha das características principais do festival son as banda de gaitas, polo que este ano tocarán entre outras a de Agarimo de Ferrol, a Johnstone Pipe Band, a Real Banda de Gaitas de Ourense ou a Casa de Galicia d´Hospitalet, e como non, a de Ortigueira. Haberá tamén actuacións musicais na rúa coa intención de crear espacios culturais durante o día.
No escenario Estrella Galicia estarán o xoves día 9 de xullo os finalistas do Proxecto Runas, onde participarán os grupos emerxentes no mundo do folk. O venres será o momento para que aparezan os pesos pesados como Susana Seivane, a violinista Judith de Castela a Mancha e os irlandeses The Michael McGoldrick Band.
O sábado, 11 de xullo, será o chamado día grande do festival, contará coa actuación do galego Xosé Manuel Budiño que presenta o seu último álbum 'Home'; e xunto a el estarán os escoceses Wolfstone, os vascos Korrontzi e La Bottine Souriante que chegarán desde Québec. No último día a programación complétase coa Battlefiel Banda (Escocia), os galegos Arán e Sog (Castela e León).
Actividades alternativas
O coodinador do Festival de Ortigueira, Alberto Balboa mostrou a intención do festival de "cumplir otras 25 ediciones", xa que "este es el festival número uno de la Península Ibérica", para o que se marcou a intención de abarcar varias áreas a nivel musical. Por un lado atópase a conexión coa Escola de Gaitas de Ortigueira que "se encarga de todas las bandas a nivel internacional y del trabajo en los talleres". Haberá diferentes obradoiros de constucción de palletas, de baile galego, un curso avanzado de interpretación de gaita, e un de canto de pandeireta a cargo de Mercedes Peón.
Ademais, se celebrarán dúas exposición no claustro do Concello, a primeira adicada aos 30 anos do festival, feita polo artista local Álvaro Fernández e outra adicada á Asociación de Vilas Mariñeiras. Todo isto se completará con pasarrúas, emisións da radio galega e proxección de cortos de Intermón.