• Fin de semana Outono Gastronómico
Por primeira vez nesta terceira edición súmase unha nova opción ao programa: a ‘Fin de Semana Outono Gastronómico’. Para dúas persoas, a oferta inclúe dúas noites en habitación doble na casa de Turismo Rural (venres e sábado) e catro menús outono gastronómico (elixindo entere xantar ou cea do venres, sábado e domingo) máis catro almorzos (sábado e domingo), por un prezo de 180 euros. No caso da opción individual será de 120 euros.
A campaña estase desenvolvendo durante os vernses, sábados e domingos e persegue proporcionar unha boa oportunidade para que o público que aínda non coñece o Turismo Rural de Galicia se achegue aos pazos, ás casas grandes, ás rectorais e ás casas de aldea e labranza que compoñen a oferta galega do sector.
• Á procura do cogomelo
A oferta complementaria para este outono nas casas de Turismo Rural de Galicia complétase co programa ´Á procura do cogomelo’, lanzado por Turgalicia. Seis zonas da xeografía galega son o escenario onde se desenvolve o programa con case 50 aloxamentos colaboradores. Trátase da Baixa Limia, a Costa da Morte, a Serra do Édramo, Área de Pena Trevinca, Mariña Lucense e Terra de Montes.
‘Á procura do cogomelo’ consiste nun paquete dunha fin de semana de dúas noites de estancia dun establecemento rural de Galicia, con almorzo incluído, nun curso de iniciación á micoloxía con saídas interpretativas ao monte e un almorzo campestre. O obxectivo do programa é aprender a encontrar e recoñecer as setas e o estudo das mesmas, pero o que realmente tamén se propón é lograr que os usuarios difruten dunha fin de semana de natureza e aire libre. O prezo global do paquete é de 100 euros por persoa e de 40 euros para menores de 13 anos.
As mellores casas de Turismo Rural abren as súas portas para ti. Achégate!