El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

FITUR

O stand de Galicia desprega unha intensa actividade para potenciar a diversidade do turismo galego

21-01-2010 11:47:29

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo participaron en FITUR a diversos actos para a promoción turística de Galicia. Roberto Varela destacou o gran interese que esta suscitando o Stand de Galicia, e afirmou que “todas as actividades culturais, literarias, lúdicas e festivas que estes días preséntanse nesta feira de relevancia internacional contribúen a potenciar a nosa oferta turística e estou seguro de que repercutirá beneficiosamente sobre o sector turístico galego”.

Entre os eventos que participou o conselleiro de Cultura e Turismo, destacan Muralla de Lugo, Patrimonio Mundial 10º Aniversario; XLII Feira do Cocido de Lalín; Maxia e ocio no Camiño: Paquetes Turísticos de Terras de Ulla; e Tambre e Festa da Vieira e do albariño de Cambados.

Roberto Varela participou  na presentación da XLII Feira do Cocido de Lalín, onde afirmou que “entre os múltiples estímulos e atractivos que levan ao visitante a viaxar á nosa terra, a oferta enogastronómica ocupa sen dúbida un lugar destacado. Avalada ante todo por unha materia prima de fama internacional, a nosa cociña constitúe un importante elemento dinamizador do turismo de interior galego, e un óptimo aliado na política de desestacionalización emprendida pola Xunta de Galicia”.

Roberto Varela destacou que Lalín é unha rexión “extraordinariamente rica en eventos culinarios, con celebracións dedicadas aos máis variados alimentos, e a Feira do Cocido de consagrase co paso do tempo non só como unha das decanas, senón tamén como unha das máis importantes exaltacións gastronómicas galegas”. Neste sentido, o titular de Cultura afirmou que o cocido “é un prato que require dedicación e é unha actividade que ten tanto de ritual ancestral como de pracer sensorial e culinario. Referirse ao cocido, implica evocar tamén a cita anual da matanza, o traballo no campo, a reunión familiar para gozar da comida”.

10º Aniversario

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela mostrouse orgulloso de participar na homenaxe Muralla de Lugo, Patrimonio Mundial 10º Aniversario, evento integrado dentro da programación do Stand de Galicia en FITUR. Roberto Varela recordou parte da súa historia recente e a importancia que, ao seu xuízo, ten para a cidade lucense e para o conxunto de Galicia como Patrimonio Mundial, esta “icona arquitectónica e símbolo identitario".

Roberto Varela felicitou aos Promotores de Lugo10 “polo complexo programa de actos e actividades para conmemorar eses 10 anos da declaración como Patrimonio Mundial da cerca, e pola sabia vinculación deste programa co Camiño de Santiago; así como aproveitar para recordar que dende a Consellería de Cultura e Turismo traballamos diariamente con ilusión e rigor para lograr, en colaboración con todas as administracións e os axentes sociais involucrados, o desenvolvemento cultural e turístico da nosa terra". Asemade, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López interveu na presentación da Guía E para comer Lugo.

Maxia e ocio no Camiño

A mancomunidade das Terras de Ulla e Tambre está definida nas súas fronteiras por tres espacios naturais protexidos e confórmana as terras de Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro, Vedra e Vilasantar. Roberto Varela interviu na presentación de Maxia e ocio no Camiño: Paquetes Turísticos de Terras de Ulla e Tambre incidiu na importancia de “non esquecer a íntima relación entre Xacobeo e as comarcas do Ulla e do Tambre, que converten ao 2010, nun ano de relevancia. A ruta xacobea, atractivo turístico galego por antonomasia, fai desembocar no enclave da mancomunidade catro das súas variantes”

O Camiño Francés, Primitivo, e do Norte e a Vía da Prata, conflúen nos tramos finais dos seus camiños. Un 90% dos peregrinos que alcanzan Compostela, atravesan a estas terras, onde “poden gozar dunha natureza en estado pura cando xa se comeza a respirar a espiritualidade do encontro co apóstolo”, engadiu o conselleiro de Cultura e Turismo. Este punto estratéxico da xeografía galega amosa nos seus lindes os segredos dos seus valores materias e inmateriais: a Serra do Careón ao Leste, o río Tambre polo norte e o río Ulla polo Sur.

Asemade, o conselleiro de Cultura e Turismo incidiu na importancia de “non esquecer a íntima relación entre Xacobeo e as comarcas do Ulla e do Tambre, que converten ao 2010, nun ano de relevancia. A ruta xacobea, atractivo turístico galego por antonomasia, fai desembocar no enclave da mancomunidade catro das súas variantes. O Camiño Francés, Primitivo, e do Norte e a Vía da Prata, conflúen nos tramos finais dos seus camiños. Un 90% dos peregrinos que alcanzan Compostela, atravesan a estas terras, onde poden gozar dunha natureza en estado pura cando xa se comeza a respirar a espiritualidade do encontro co apóstolo”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




NOTICIAS RELACIONADAS