El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

EN LUGO

Cultura convoca o concurso de ideas para a construcción do Centro de Interpretación e Museo da Romanización

22-01-2010 21:13:07

A Consellería de Cultura e Turismo ven de convocar un concurso de ideas para levar a cabo o Centro de Interpretación e Museo da Romanización de Lugo, centro da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico, como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia na súa páxina 842.


A convocatoria seleccionará o anteproxecto de rehabilitación do edificio do Cuartel de San Fernando en Lugo para albergar este centro, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto.



Os concursantes, que terán un prazo de 60 días para redactar as súas propostas, optarán a tres premios e dous accésits, sendo o primeiro premio de 50.000 euros e os accésits de 2.500 cada un. O concurso de ideas permanecerá aberto ata o 11 de marzo.



A Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico estará conformada por catro centros de interpretación desde o punto de vista histórico e territorial, que buscan o equilibrio entre o rural e o urbano. O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, situado no concello de Campo Lameiro, o do Megalitismo na Costa da Morte, o de San Cibrao de Lás en Ourense, e por último, o Centro de Interpretación e Museo de Romanización de Lugo serán os integrantes deste conxunto.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias