El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

AÑO SANTO

"Xacobeo Classics" inaugura esta fin de semana o seu capítulo adicado á creación musical galega

05-02-2010 19:19:49

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, participou na presentación da programación adicada especificamente á musica galega dentro do ciclo 'Xacobeo Classics'. Coa posta en marcha dunha nova edición do Ciclo de Cámara da Asociación Galega de Compositores e Compositoras, representaranse un total de 41 obras.

A presentación deste ciclo de concertos, que inclúe 26 estreas e levará a música de 16 autores galegos por toda Galicia, contou asemade coa presenza do director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos; o director artístico do Xacobeo Classics, César Wonenburger, e os representantes da Asociación Galega de Compositores e Compositoras, Margarita Viso e Juan Pérez Berná.

Este capítulo da programación do 'Xacobeo Classics' levará a Pontevedra, Ourense, Lugo e A Coruña obras de compositores da comunidade como Paulino Pereiro, Margarita Viso, Julio Montero, Juan Durán, Fernando Alonso, Gloria Rodríguez Gil, X. A. Vázquez Casas e Eligio Vila, entre outros.

A través destes catro concertos, ofrecerase un panorama do cuarteto e o quinteto de corda galego contemporáneo, do quinteto de vento na creación actual e do teclado galego contemporáneo.

Para ofrecer estes concertos cóntase con intérpretes e formación locais, como o pianista Javier Vázquez Grela, o Grupo Instrumental Século XX, o Ensemble s. XXI, a soprano Alba López e a mezzo María José Ladra. Os concertos desenrolaranse nos auditorios dos conservatorios das cidades e a entrada será de balde.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias