El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

FOTOGRAFÍA

A USC convoca a primeira edición do certame "Ruth Matilda Anderson" sobre mulleres traballadoras

12-02-2010 18:51:20

A Universidade de Santiago de Compostela ven de convocar o I Certame de fotografía 'Ruth Matilda Anderson', co que se pretende contribuír á promoción da elección de especializacións non baseadas en estereotipos de xénero e a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. Coa elección da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson para dar nome a este proxecto, recoñécese unha muller que fixo un traballo importante nun campo tradicionalmente desenvolvido por homes e préstase atención á súa destacable obra, na que se inclúe un retrato da muller galega dos anos 20.

As fotografías, que poden presentarse ata o 18 de febreiro no Rexistro Xeral da USC, deben versar sobre a muller traballadora dende diversas perspectivas, premiándose a creatividade, a innovación e o impacto da imaxe. As fotografías entregaranse en formato dixital, cunha resolución mínima de 300 ppp e un tamaño A3 ou A4.  O xurado seleccionará as 25 fotografías de maior calidade técnico-artística, coas que se realizará unha exposición itinerante por diversos centros da USC. De entre estas, o xurado seleccionará as tres mellores, decisión que fará pública durante a primeira semana de marzo.

O primeiro premio ten unha dotación económica de mil euros e a utilización da fotografía como cartel conmemorativo do Día Internacional da Muller Traballadora en 2011 pola USC; o segundo conseguirá oitocentos euros e o terceiro cincocentos. Os gañadores recibirán os seus premios nunha cerimonia a celebrar o 8 de marzo no Paraninfo da USC.


PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES

Proxectos viables empresarialmente; que acheguen produtos, procesos ou servizos innovadores; con capacidade para xerar emprego; e promovidos por un grupo multidisciplinario tendo en conta as políticas de igualdade. Estes son os trazos que o xurado do X Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC buscará e premiará entre as propostas que se presenten á convocatoria.

O prazo para a presentación de traballos remata o vindeiro 26 de febreiro, para o que os grupos ou persoas interesadas deberán presentar unha memoria descritiva do proxecto empresarial ben en Santiago ou en Lugo. A convocatoria contempla un primeiro premio de 7.000 euros e ata outros 24.000 de préstamos participativo e un segundo de 4.000 euros. Ademais, establecéronse outras catro categorías que recibirán outros 2.000 euros cadansúa por iniciativas de Empresa Xove, Muller Emprendedora, Proxecto Medioambiental e Proxecto con Sensibilidade Social.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias