El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Antón Losada: "Este Goberno non vai facer nunca o que fixo Fraga e os Gobernos do PP, acusar á oposición de plantar lume"

10-08-2006

Ante a vaga de incendios que sofre Galicia dende hai case unha semana, o secretario xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta non dubida en falar de "terrorismo". Esta palabra que en Euscadi se relaciona co alto o fogo, na comunidade galega empeza a ser sinónimo de todo o contrario, un lume sin tregua. Por iso, o Goberno galego tamén compromete, para acabar con esta lacra, unha loita sen tregua contra os incendiarios e os pirómanos. O lume combate o lume. Losada está seguro de que se poderá ganar a guerra coas armas da "verdade e a transparencia" que aplica o bipartito, non coa "mentira e manipulación" que houbo ante a catástrofe do Prestige. -Onte veu aquí Zapatero, o sexto día despois da primeira vaga de incendios, ¿chegou a tempo ou tería que ter vido antes? -Eu creo que nunca se chega a tempo e sempre hai que ter vido antes en todas as situacións de emerxencia, pero esta é unha polémica que non ten moito sentido. -¿E correcta a coordinación co Goberno central? -Dende o primeiro momento tivemos axuda e un grado de cooperación máis que razonable, especialmente no que é a novidade deste ano, que estamos ante un ataque cun grado de planificación sospeitoso e temos enfronte un pequeno exército de desalmados, de terroristas do lume. Nós trasladamos esta impresión ao Ministerio do Interior que foi receptivo á nosa preocupación e a nosa diagnose, de maneira que este ano por primeira vez os incendios son unha prioridade para eles e o terrorismo de lume se trata como tal, por forzas de élite e xentes especializada en loitar contra o crime organizado. -¿Que intereses hai detrás do lume? -E unha das preguntas que deberíamos ter contestado en todos estes anos, un dos erros cometidos que nós estamos intentando corrixir averiguando por que se queiman os montes. Cos Gobernos anteriores non se gastou nin un só euro para saber as razóns, movímonos no terreo da especulación, falando de madeira, urbanismo, ou pirómanos. Agora temos que averiguar qué move a este novo terrorismo, eso definirá que posibilidades temos de gañar esta guerra. -¿Fan falta cambios na lexislación contra os pirómanos? -Eu só fago unha reflexión, a día de hoxe intentar plantar un lume sale penalmente máis barato que roubar un coche, por un lume seis meses por un coche dez meses. A lexislación penal é moi dura cos incendiarios pero podería selo máis, e sobre todo penso que hai que darlle o tratamento penal que recibe o terrorismo. ¿Por que queimar unha papeleira en Euscadi é terrorismo e plantar lume ao lado dunha gasoliñeira e dunha urbanización non é terrorismo? -Esta vaga prodúcese no primeiro ano dun cambio de Goberno... -Este Goberno non vai facer nunca o que fixo Fraga e os Gobernos do PP, nunca acusaremos a oposición de plantar lume. -Pero, ¿qué pensa do papel que está xogando a oposición? -Creo que a oposición ten dereito a criticar, teñen todo o dereito do mundo a esixir que esto se solucione e a cuestionar a acción do Goberno. Pero todo o mundo pode estar tranquilo, ninguén vai ter que sair á rúa para que asumamos a nosa responsabilidade. Este é un Goberno responsable que fará o que teña que facer para gañar esta guerra, e estámola empezando a gañar, a analizar o que pasa e non o que fixeron antes de acusar a oposición de plantar lume. -A xente empeza a comparar isto co Prestige ¿hai tantas semellanzas? -O que hai é unha diferencia fundamental que incluso a oposición terá que recoñecer, a esta guerra contra o terrorismo do lume estáselle facendo fronte coa verdade e coa transparecencia. No Prestige houbo moitas incompetencias, pero sobre todo moita mentira e moita manipulación. -Fraga dixo estes días que hai máis incendios onde existen Gobernos bipartitos e tripartitos ¿que lle parece? -Paréceme unha afirmación moi fraguiana. Creo que sabe do que fala porque el fixo fronte ao Prestige non cun Goberno bipartito, senón cun Goberno roto, máis ocupado de pelexar entre eles que de xestionar a traxedia. Afortunadamente agora hai un Goberno bipartito que está unido e afronta cunha única dirección esta guerra.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias