El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

MÚSICA

Comeza o "Cantalingua 2010", concurso musical para temas en galego

24-02-2010 18:15:02

Coa intención de apoiar a música en galego e contribuír a súa difusión, os organizadores do 'Correlingua' e o portal de música galega 'Komunikando' convocan o consurso 'Cantalingua 2010', no que todos os grupos e solitas poden presentar temas en galego ata o 10 de abril.

O concurso musical está ideado polas entidades organizadoras do Correlingua, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.

O 'Cantalingua' non ten límite en canto a estilo musical, nin tampouco no que se refire ao número de persoas, poden ser solistas ou grupos, o único que se require para participar é que os temas presentados sexan en galego.

O PREMIO

Os grupos vencedores do concurso serán galardoados coa oportunidade de facer concertos, 11 actuacións para o Correlingua 2010, que serán repartidas entre as tres primeiras bandas ou solistas participantes. Ditos concertos terán lugar entre os días 3 e 14 de maio de 2010, e contarán cunha remuneración económica de 700 euros por actuación.

Os gañadores serán elixidos baixo un sistema mixto de votación popular vía Internet, e máis un xurado integrado por persoas vinculadas dunha ou outra maneira ao difícil mundo da música. Os nomes dos gañadores serán coñecidos ao redor do día 15 de abril.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias