El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

MÚSICA

O Festival Sónar Galicia traerá á Coruña 30 artistas de todo o mundo do 17 ao 19 de xullo

25-02-2010 17:52:17

Xacobeo 2010 trae a Galicia o Sónar, Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia, que por primeira vez na súa historia celebrarase en dúas cidades: Barcelona, a súa sede habitual, e A Coruña, onde chega co nome de Sónar Galicia. 30 artistas de todo o mundo actuarán na sede herculina do 17 ao 19 de xuño.

O evento abrirá co escenario SonarVillage, no que actuaran máis de 20 grupos de música electrónica estatais e internacionais durante tres días. O venres 18 sumarase o escenario SonarComplex, que albergará as propostas de corte mais experimental; e despois o SonarClub, de maior aforo e enfocado as propostas mais bailables, que se incorporará a noite do sábado.

O prezo das entradas é de 15 euros para o xoves 17 e de 20 euros para o venres 18 e o sábado 19. Asemade, haberá un abono para os tres días por 50 euros, que permite o acceso a todas as actividades do festival.

O festival contará cun espazo para exposicións, onde se amosarán as obras que forman parte de SónarMática. As exhibicións, que correrán a cargo de destacados artistas galegos, estarán abertas ao público durante as tres xornadas. Asemade, reservarase un auditorio para as proxeccións de SonarCinema, que se farán o venres e o sábado.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias