El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

FESTIVAL MÚSICA

Shooglenifty e Krêposuk, primeiras bandas internacionais confirmadas do Festival Ortigueira 2010

16-04-2010 19:52:07

O grupo escocés Shooglenifty e a banda bretoa Kreposuk formarán parte do cartel artístico do próximo Festival do Mundo Celta. Trátase dos primeiros nomes internacionais anunciados pola organización do certame folk, liderado polo Concello de Ortigueira co patrocinio de Xacobeo 2010, Estrella Galicia e Deputación da Coruña.


O certame musical, declarado de interese turístico internacional e totalmente de balde, celebrará do 8 ao 11 de xullo a súa XXVI edición. A formación escocesa, fixa nas quinielas de favoritos dos afeccionados, será o sábado 10 de xullo un dos pratos fortes da oferta do Escenario Estrella Galicia, cunha programación que dará cabida, un ano máis, aos mellores grupos mundiais da música celta.


Shooglenifty, o sexteto liderado polo violinista Agnus Grant, volverá subirse ao palco ortegano tras sete anos de ausencia. Na súa terceira visita ao macrofestival, presentará os temas do seu último traballo, un álbum dobre, editado en 2009 titulado 'Murmichan', co que obtivo novamente o recoñecemento da crítica especializada.



E festa ao grande promete tamén a presenza no cartel de Krêposuk, unha banda bretoa que, nos seus doce anos de traxectoria, deixouse ver pouco por España. Curtidos en máis de douscentos festivais, os de Le Mans debutarán o xoves 8 de xullo en Galicia coa súa proposta manifestamente rockeira, adscrita ao celta pola utilización de instrumentos tradicionais como o violín, as frautas ou a bombarda, e ameazan con converterse na revelación da programación do 2010.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias