El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

ARTE

Caixa Galicia inaugurará o día 29 a exposición "Santiago, punto de encontro" con obras de artistas como Dalí ou Picasso

19-04-2010 18:07:36

 A Fundación Caixa Galicia inaugurará o vindeiro día 29 de abril en Compostela a exposición 'Santiago, punto de encontro. Obras mestras da catedral de Santiago e Caixa Galicia', un dos capítulos centrais da programación do Xacobeo 2010 ,que amosará a todos os visitantes, ata o mes de novembro, os tesouros artísticos máis valiosos do Museo Catedralicio, fronte ás obras mestras da Colección Caixa Galicia.

Obras de Dalí ou Picasso, Maruja Mallo, Luís Seoane ou Lugrís, entre outras, coincidirán nunha espectacular montaxe con algunhas das pezas máis destacadas dos fondos do Cabido catedralicio compostelán, unha reflexión sobre a expresión artística que abrangue un milenio da nosa historia, dende o século XII ao XXI.

Este inédito diálogo entre a arte sacra e a plástica moderna permitirá ademais que todos os visitantes poidan coñecer, por primeira vez fóra da basílica compostelá, algunha das pezas máis importantes, e ao mesmo tempo descoñecidas, da colección arcebispal, coma o 'Santiago sedente' do Altar Maior da Catedral, de Juan Antonio García de Bouzas, ou o San Mateo esculpido polo Mestre Mateo no século XII, unha das figuras da parte alta da cerca exterior do Córeo Lígneo, restaurado precisamente pola Fundación Caixa Galicia.

Baixo o comisariado dos profesores da USC Juan Monterroso e Enrique Fernández Castiñeiras, e de Ramón Yzquierdo, por parte do Museo Catedralicio, a exposición pretende converter Santiago de Compostela e a Casa do Pozo da Fundación Caixa Galicia no punto de encontro real e efectivo de ambas as coleccións.

Os organizadores da mostra preparan, ademais, un amplo programa de actividades dinamizadoras arredor da exposición, que arrancarán o mesmo día da inauguración, coa saída do Coco e a Coca, as tradicionais figuras que encabezan as saídas dos populares cabezudos ou xigantóns, unha manifestación entre o sacro e o popular da que se teñen noticias dende a Idade Media.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias