El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

CIENCIA

A Nobel de Química en 2009, Ada E. Yonath, pecha o cartel de "ConCiencia" para este ano

22-04-2010 18:04:07

A única muller viva recoñecida co Premio Nobel de Química, Ada E. Yonath, visitará en outubro Compostela para participar no Programa 'ConCiencia', que organiza a USC en colaboración co Consorcio de Santiago. Péchase así o programa para este ano que se anunciou hai unhas semanas e que tamén traerá á cidade aos Premios Nobel de Física 2007 Albert Fert, de Química en 1996 Harold W. Kroto; e de Medicina en 1993 Richard J. Roberts.

A israelita Ada Yonath recibiu en 2009 o Premio Nobel de Química polos seus estudos da estrutura e función do ribosoma, un galardón que compartiu cos científicos estadounidenses Venkataman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz. Yonath traballa no Instituto Weizmann das Ciencias (Israel) e dirixe o Centro Helen & Milton A. Kimmelman de Estrutura e Montaxe Biomolecular, dependente do mesmo instituto.

A cristalógrafa israelí centrou as súas investigacións na tradución que fan os ribosomas da información do ADN para dar vida. O ribosoma é un complexo supramolecular que produce proteínas a partir do ADN e que, por ser "crucial para a vida, constitúe un elemento importante para a elaboración de novos antibióticos", segundo informou no seu día a Real Academia Sueca das Ciencias.

En 108 anos de historia do Premio Nobel, o galardón en Química só recaera en Madame Curie, a súa filla e a británica Dorothy Crowfoot-Hodgkin. Ata o ano pasado que se lle concedeu a Ada Yonath non había viva ningunha muller con este premio. No tocante á Física, só dúas mulleres o gañaron -de novo Madame Curie e Maria Goeppert-Mayer-, mentres que o Nobel de Economía se lle concedeu por vez primeira a unha muller o ano pasado.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias