El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

XORNALISMO

O Informe "A Comunicación en Galicia" subliña os fortes impactos de reestruturación e cambio en sectores e grupos

06-05-2010 19:58:04

O informe 'A comunicación en Galicia 2010', presentado  en Santiago, chama a atención sobre os importantes cambios que vive o sector marcados polo escenario da crise económica e pola busca de novas vías para garantir a continuidade dunha actividade industrial que "presenta importantes fortalezas, pero tamén numerosas debilidades".

Asi o explicou Xosé López García, vicepresidente do CCG e catedrático de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, coordinador do traballo xunto coa xornalista Rosa Aneiros Díaz. A publicación, que reúne as achegas de vinte autores, ofrece unha panorámica do hipersector da comunicación en Galicia nos tres últimos, anos con atención especial á prensa, radio, televisión, internet, publicidade, cine, comunicación corporativa e a situación sociolaboral dos xornalistas.

Deste xeito, por exemplo, o profesor Francisco Campos, subliña no seu traballo a amplitude e profundidade dos síntomas da crise, reestruturación e cambio en sectores e grupos de comunicación nos anos finais da primeira década do século XXI.

Pola súa parte, Xosé Manuel Pereira, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, apunta que a situación de crise está a traducirse nunha fonda precariedade do emprego e na grave deterioración dunhas condicións laborais estruturalmente deficientes.

O informe, de máis de duascentas páxinas, aborda os desafíos que o sector afronta nunha ineludible fase de tránsito a un novo escenario comunicacional e analiza as realidades e expectativas dos distintos medios. Aos traballos e autores xa citados cómpre engadir os referidos a medios impresos, a radio, a televisión e o audiovisual, o cine, as tecnoloxías da información e as comunicacións, a internet, o sector dos contidos multimedia, os novos escenarios do sector publicitario, a comunicación organizacional, e a formación universitaria, e a investigación, en comunicación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias