El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

AÑO SANTO

O Xacobeo trae a Ben Harper and Relentless7 a Compostela o 14 de xullo

03-06-2010 12:45:58

O Xacobeo 2010 trae a Galicia a Ben Harper and Relentless7. Será o vindeiro 14 de xullo a partir das 22.30 horas cando o músico californiano, acompañado pola banda Relentless7, suba ao escenario da Praza da Quintana de Santiago de Compostela. As entradas para asistir ao concerto de Ben Harper and Relentless7 pódense adquirir desde hoxe a través de El Corte Inglés, canal exclusivo de venda, ao prezo de 20 euros.

Nado en 1969 en California, Ben Harper medrou nunha familia de músicos de orixes moi diversas e polas súas veas corre sangue negra, india, cherokee e rusa. Unha mestura que deu coma resultado un artista que empezou a tocar a guitarra acústica aos sete anos e cun estilo que non se pode etiquetar, caracterizado polas súas letras transcendentais e cargadas de emotividade que abordan temas como a paz, a relixión, o amor, o medio ambiente ou a política con connotacións reivindicativas.

Entre as súas influenzas atópanse grupos e artistas de estilos tan diferentes como Bob Marley, Robert Johnson, David Lindley, Chris Darrow, Led Zeppelin, Pink Floyd, Nirvana, Pearl Jam, Jeff Buckley ou Jimi Hendrix, entre outros.

En 1992 firmou o seu primeiro contrato con Virgin Records, iniciando a súa carreira musical. Nesta viaxe, foi teloneiro de grupos como REM, Radiohead, Metallica, Pearl Jam e The Fugees. Entre 1998 e 1999 produciuse un punto de inflexión na súa traxectoria co seu primeiro éxito de vendas, 'Burn to shine'. En 2004 únese aos Blinds boys of Alabama no álbum 'There will be a light', polo que recibiu un premio Grammy.

En 2009, Ben Harper sacou á luz o seu décimo álbum, 'White lies for dark times' coa banda Relentless7, composto por once temas. Trátase dun disco de rock atemporal, evocador e emotivo, que reflicte a vasta e profunda experiencia musical de Harper, á vez que conta co puro afán e intensidade dunha banda descoñecida. A unión de Ben Harper con Relentless7 é froito da amizade trabada a finais dos noventa entre ambos e que desencadenou en colaboracións que culminarían coa publicación conxunta dun disco.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias