El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

AÑO SANTO

A banda norteamericana Alice Cooper ofrecerá o seu primeiro concerto en Galicia no marco do ciclo Xacobeo Importa

14-06-2010 17:46:36

A banda norteamericana Alice Cooper actuará por primeira vez en Galicia no marco do ciclo Xacobeo Importa. Dada a complexidade da produción e as necesidades técnicas da xira, o concerto terá lugar nun aforo superior aos habituais neste ciclo. Deste xeito, a actuación celebrarase o 27 de novembro no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela e as entradas sairán á venda nos puntos de venta habituais

O mítico cantante norteamericano Alice Cooper, en activo desde 1964 e cunha traxectoria difícil de igualar, estrease en Galicia dentro do ciclo Xacobeo Importa coa súa propia xira e as súas famosas montaxes. Alice Cooper ten sido unha das bandas pioneiras en derivar o son hard rock dos anos 70 no glam rock máis auténtico.

A súa novidosa posta en escena, a súa imaxe e un espectacular sentido teatral son os seus signos de identidade. As súas maquillaxes de aspecto sinistro e as súas provocativas representacións influenciaron notablemente a artistas como Kiss, Rob Zombie ou Marilyn Manson.

Nos seus últimos discos, Alice Cooper retoma o rock n’roll e hard rock máis puro e no 2009 encabezou o festival Azkena Rock tras varios anos sen actuar en España. Na súa última xira, que chegará en novembro a Galicia, repasará os principais éxitos da súa longa carreira.

A próxima cita de Xacobeo Importa será o 30 de xuño coa presenza de Rufus Wainwright no Centro Cultural Caixanova de Vigo. A día de hoxe, as entradas para asistir a este concerto están practicamente esgotadas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias