El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

XACOBEO

Mika actuará por primera vez en Galicia o 14 de agosto en Vigo

29-06-2010 16:44:36

 O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentou esta mañá o concerto que o artista británico de orixe libanés Mika ofrecerá o vindeiro 14 de agosto no auditorio de Castrelos de Vigo. A actuación, organizada polo Concello de Vigo e patrocinada polo Xacobeo 2010, comezará ás 22.30 horas. O prezo das entradas para o concerto de Mika será de 12 euros en venda anticipada e de 15 en taquilla, e poderán adquirirse na web www.servinova.com.

Nado en 1983, Mika irrompeu na escena musical internacional co single 'Grace Kelly', que pertence ao seu primeiro traballo discográfico, 'Life in Cartoon Motion', no que tamén se recollen outros éxitos como 'Relax, take ir easy'. O álbum foi publicado en 2007 e del vendéronse máis de cinco millóns de copias ao redor de todo o mundo.

Ademais, o polifacético artista foi galardoado con premios como os Brits, os Grammys, Ivor Novellos, Capital Radio, Q Magazine, The World Music Awards, BT e Vodaphone, Virgin Media e MTV Europa, Asia, Australia e Xapón, entre outros.

O ano pasado publicou o seu novo traballo, 'The boy who knew too much', do que forma parte o single 'Blame it On The Girls'. Se o primeiro traballo reflicte as experiencias relativas á infancia, o segundo representa o trance cara a adolescencia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias