El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

FESTIVAL INTERNACIONAL

Os "folkies" toman Ortigueira este xoves

06-07-2010 19:21:44

Tras todo un ano esperando por unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta, e xa van 26, chegou a hora de Ortigueira. Do 8 ao 11 deste mes a vila coruñesa volverá converterse na oitava cidade de Galicia, ao ser tomada por máis de 100.000 ‘folkies’. Serán 4 días de música de raiz e 96 horas de acampada en plena natureza e outras tantas de festa rachada. O festival, declarado festa de interese turístico internacional, aspira a retornar ás súas orixes cunha programación cen por cen celta.

Oyesterband, Celtas Cortos, Gaelic Storm, Cristina Pato, Shooglenifty e Anxo Lorenzo Band emerxen como cabezas de cartel dunha edición na que, novamente, haberá espazo para os novos creadores do folk, grazas ao proxecto Runas, mediante o que os internautas elexiron que banda terá a oportunidade de estrearse nos escenarios.

A presente edición conta con embaixadores procedentes de nacións irmás como Bretaña, Irlanda ou Escocia. Ademais, a organización apostou por abrir a cita a bandas que, a pesar do seu recoñecemento internacional, nunca pisaran Ortigueira. Así, o 70 por cento dos grupos, tanto estranxeiros como do país, debutarán no festival. Ademais, tentouse potenciar a presenza de espectáculos únicos, como o debut en España de Gaelic Storm, o reencontro de Oysterband e Celtas Cortos ou o concerto con convidados de Cristina Pato. Por suposto, como cada ano, celebrarase o multitudinario desfile de bandas, con irmáns chegados de Asturias ou Escocia, entre outros.

Por outra banda, os organizadores constataron en edicións anteriores que os festivaleiros anticipan a súa chegada a Ortigueira e, salvo os máis remolóns, bátense en retirada o domingo. Por iso, decidiron concentrar os concertos nas xornadas de mais público: xoves, venres e sábado. Mais como non só de concertos vive o festivaleiro, Ortigueira ten preparada unha manchea de actividades diúrnas complementarias.

Como cada ano, manterase a acampada libre na praia de Morouzos, con ata 10.000 tendas e todos os servizos para facer máis cómoda a estancia: duchas, aseos, bus gratuíto, 8.000 plazas de aparcadoiro tamén gratuíto e vixiado, posto médico... A seguridade será outra prioridade. 200 operarios traballarán para que os 'folkies' só teñan que preocuparse de gozar. E é que para ir a Ortigueira só fan falla ganas de festa, mochila ao ombreiro e oídos activados.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias