Sociedad
20-09-2006
O Consello da Memoria pediu, na súa primeira reunión, a implicación de máis institucións na recuperación da memoria histórica e que ésta teña presenza nos libros de texto. O Consello considerou "fundamental" difundir entre as novas xeracións "todo o que pasou".
Os membros do Consello calificaron de "moi positivas" as actividades levadas a cabo pola Consellería de Cultura, ó contribuír á "formación dunha conciencia social" e a que a xente "recuperase o orgullo" de ter familiares represaliados. Sen embargo, botaron en falta o traballo doutras institucións.
O Consello da Memoria, constituído este mércores, cumpre así coa súa obriga de elaborar un balance, así como propostas de futuro. Os seus 20 membros, entre os que se atopan vítimas da represión, representantes de asociacións e investigadores relacionados co tema da recuperación da memoria histórica, ademais da conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultral, Luis Bará, reuniranse alomenos dúas veces ó ano.
Este organismo pretende ser un instrumento de representación social que contribúa á recuperación da memoria, colaborando en programas institucionais e impulsando novas iniciativas neste eido.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias