O vindeiro 11 de outubro o cantautor Joaquín Sabina ofrecerá un concerto en Lugo patrocinado polo Xacobeo. A actuación, que comezará ás 22.00 horas, terá lugar no Pazo Universitario. As entradas para asistir a este concerto pódense adquirir na web de Ticketmaster, Fnac, Halcón Viajes e Carrefour.
Joaquín Sabina chega a Lugo para interpretar os éxitos recollidos no seu ultimo disco, 'Vinagre y Rosas', que publicou en novembro do pasado ano e do que vendeu 200.000 copias en tan só un mes dende o seu lanzamento. Todas as cancións -excepto 'Tiramisú de limón' e 'Embustera', que contaron co grupo Pereza na produción- foron producidas por Antonio Gª de Diego, Pancho Varona e José A. Romero, compañeiros e equipo músico habitual de Joaquín Sabina.
'Vinagre y rosas' acadou tres discos de Platino en España e un en Arxentina. Coincidindo coa publicación deste traballo, Joaquín Sabina comezou unha xira de presentación do álbum.