O Club Internacional de Prensa e a Secretaría Xeral de Benestar, dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, organiza entre o 25 e o 27 de outubro en Santiago unhas Xornadas de Integración Social que levan por título ?Aquí collemos tod@s?. Sensibilizar e comprometer ós futuros xornalistas e actuais profesionais da comunicación no seu labor de divulgación e naturalización das distintas situacións e os variados obstáculos que na vida cotián viven as persoas con diversas discapacidades físicas ou psíquicas, ou as persoas cunha vida condicionada por enfermidades crónicas, mesmo a integracións d@s cativ@s con cualidades especiais, ou as necesidades de integración dos Maiores, conforman o obxectivo destas Xornadas de Integración Social, na que as propias Asociación e Colectivos organizados nestes ámbitos, serán quen protagonicen cada unha das 5 Mesas nas que se distribúen tematicamente as Xornadas. O prazo de inscrición das xornadas, que se celebrarán na Facultade de Ciencias da Comunicación, está xa aberto, e teñen carácter gratuíto para todas aquelas pesoas interesadas nestes temas, que consideramos, abranguen a moitos perfís: persoas afectadas, familiares das mesmas, coidador@s, psicólogos, sociólogos, asistentes sociais, profesionais da sanidade, do ensino, responsables e traballadores dos centros da terceira idade e doutros centros asistenciais, voluntari@s, ONGs, expert@s en saúde laboral, educador@s sociais, e a sociedade en xeral, ademais de ?por suposto- @s estudantes e profe-sionais da comunicación, a quen van dirixidas estas Xornadas. As Mesas nas que se dividen foron pensadas en función do aglutinamento e unificación das problemáticas: A integración nas persoas con discapacidades físicas e psíquicas; Ver @s xord@s, escoitar @s ceg@s; Unha vida condicionada pola enfermidade; Nen@s con cualidades especiais, e Os Maiores: Presente Indicativo. En cadansúa Mesa, participan organizacións como Cogami, Fademga, Autismo Galicia, Aspaber, Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social, a Once, a Federación de Persoas Xordas de Galicia, psicólog@s, Asociación de Esclerose Múltiple; Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica, Asociación de Bipolares e Unipolares de Galicia, a Federación de Familiares de Enfermos Mentais, especialistas en Mediciña do Traballo, Asociación Down Compostela, Asociación de Celíacos, a Escola de Traballo Social, Educadores sociais, Federación de Pensionistas de Galicia, Federación Alzheimer de Galicia, a Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, e directores de Residencias da terceira idade. As persoas interesadas en inscribirse ?as Xornadas son gratuítas-, deberán dirixirse ó Club Internacional de Prensa, nos teléfonos 981 545950 e 545949, ou ben a través dor correo electrónico a club.inter.prensa@xunta.es.