El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Unha longametraxe galega participará no Festival de Mannheim

02-10-2006

A longametraxe galega 'Tan pouquiña cousa, un corazón' participará no Festival de Mannheim, un dos principais eventos mundiais de coproducción. Esta será a primeira vez que un filme galego sae seleccionado para participar no festival, que se celebrará entre o 20 e o 24 de novembro en Alemaña. Nel terán representación só outras dúas películas de todo o Estado. A cinta, dirixida por Daniel Domínguez, está producida por Tic Tac e conta co apoio da Consellería de Cultura. O departamento que dirixe Anxela Bugallo participará neste evento para explicar as súas políticas audiovisuais e as oportunidades que ofrece Galicia no terreno audiovisual. Nel estarán presentes representantes doutros fondos e institucións europeos, representantes de televisión e axentes internacionais de venda para discutir os retos e posibilidades de financiación de películas independentes. No Festival Internacional de Mannheim-Heidelberg, existente dende hai 9 anos, acadaron financiamente máis de 40 longametraxes.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias