El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Televisión de Galicia estrea este xoves a serie "Maridos e mulleres"

03-10-2006

A Televisión de Galicia (TVG) estrea este xoves a serie 'Maridos e mulleres'. Este novo produto audiovisual "está moi próximo á actual imaxe corporativa" da canle autonómica, segundo asegurou hoxe o presidente de Continental, Pancho Casal, durante a presentación da nova serie. Producida por Continental e Zenit TV, 'Maridos e mulleres' pretende chegar a "outro tipo de públicos", máis "urbanos e novos". Así o indicou o director de Programas da televisión galega, Eduardo Galán, quen insistiu no carácter innovador desta serie. A serie, que se emitirá os xoves pola noite, competirá con espazos con altos índices de audiencia como 'Cuéntame' ou 'Gran Hermano'. Para Casal, a oferta actual da TVG diferénciase da televisión pública estatal ó "apostar por unha estratexia de futuro", fronte á programación "cortoplacista" de TVE. Nos seus 26 capítulos de duración, 'Maridos e mulleres' cuestionará con ironía a felicidade da clase media-media alta residente nunha urbanización próxima a Santiago. Esta serie tivo xa outra versión, que comezou a emitirse antes na televisión valenciana. Os problemas da educación dos fillos, a preocupación polas vidas alleas e os conflitos familiares serán algúns aspectos abordados pola serie, definida como "máis urbana e feminina", e na que se vivirán "situacións extremas". Gerardo Rodríguez, un dos directores de 'Maridos e mulleres', afirmou que os diálogos "resultan naturais" e os actores, primeirizos na maioría dos casos, están "máis soltos".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias