O Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (Macuf) leva a exposición itinerante 'Fragmentos del todo á cidade italiana de Módena. Esta mostra foi exposta xa en Nápoles e o museo prevé levala tamén a Milán e Roma. 'Fragmentos del Todo' poderá contemplarse ata o 29 de outubro no Palazzo Ducale de Sassuolo en Módena. A mostra recolle as obras de doce artistas españois que están representados nos fondos da colección do Museo. A exposición organizouse coa colaboración do Instituto Cervantes de Milán. Módena é o segundo destino italiano de estes fondos que xa estiveron en Nápoles a pasada primavera. O proxecto é que o percorrido prosiga nos próximos meses polas cidades de Milán y Roma.