A soprano basca Ainhoa Arteta elixiu a Orquestra Sinfónica de Galicia para gravar o seu próximo disco. Este conterá unha selección do repertorio operístico co que acadou fama mundial. Arteta e a Sinfónica de Galicia ofrecerán unha gala lírica dirixida por Miguel Angel Gómez o vindeiro venres no Pazo da Opera de A Coruña, que será rexistrada polo sello RTVE Música.