El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Vicepresidencia concede ós padriños o acollemento provisional da rapaza de Ponteareas

11-10-2006

La Vicepresidencia da Xunta de Galicia concedeulle aos padriños da rapaza de Ponteareas que padeceu inanición, o acollemento provisional da menor, logo de ter recibido do Goberno de Navarra un informe que certifica a idoneidade desta parella (tíos por parte da familia da nai da nena) para facerse cargo da pequena. Co acollemento provisional, a Vicepresidencia recabou ademais da xuíza que leva o caso, un certificado de acollemento xudicial, que lles permitiu aos padriños da nena recollela no Hospital Xeral de Vigo, onde foi dada de alta, e trasladala a Navarra, onde residirá con eles. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia segue a ser titora legal desta menor, e este departamento iniciará en breve os trámites para que o expediente pase ao Goberno de Navarra, onde o Servizo de Menores se encargará en cuanto estea rematado o procedemento, da tutela da nena, dado que a menor residirá na Comunidade foral. A nena atópase xa perfectamente de saúde e recibiu a alta hospitalaria coincidindo coa chegada dos seus padriños para facerse cargo dela.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias