El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A obra de teatro "Rotas" representarase en 28 concellos galegos ata decembro para concienciar sobre a violencia de xénero

17-10-2006

A obra de teatro 'Rotas', da compañía Pífano, representarase en 28 concellos galegos para concienciar sobre a violencia de xénero. Así o anunciaron en Santiago a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, grazas á colaboración entre ambos departamentos. 'Rotas' aborda o tema da violencia doméstica dende a perspectiva de dúas mulleres de distinta condición social cun problema común, interpretadas polas actrices Mela Casal e Gloria Ferreiro. Ambas reflexionan sobre a causa da súa traxedia e sobre os medios para superala. Trala actuación, se establece un coloquio co público, coa axuda dunha avogada e unha psicóloga cunha ampla experiencia neste eido e un grande coñecemento dos recursos existentes en Galicia. 'Rotas' xa se estreou o ano pasado no cárcere de Teixeiro e representouse dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Bará cualificou de "éxito e incidencia positiva" das anteriores funcións e manifestou a súa crenza na cultura como elemento de "formación da cidadanía para unha sociedade máis xusta". Pola súa banda, Adán lembrou que o maltrato comeza con "insultos, desconsideración ou o illamento" e remata nunha espiral de violencia que pode chegar a morte, aspectos nos que incide a peza teatral. Xira A obra xirará por 28 pequenos concellos galegos de aquí a fin de ano. Un total de 60 municipios solicitaran esta representación, polo que Bará confiou en "poder chegar a eses outros concellos" nas seguintes tempadas. Nestes tres meses, 'Rotas' pasará por 10 concellos de A Coruña, 8 de Pontevedra, 6 se Lugo e 4 de Ourense. Tras pasar por Arzúa, Celanova e A Peroxa, as vindeiras citas serán o xoves, no concello ourensán de A Rúa, e o sábado no concello pontevedrés de Mondariz Balneario. O sábado 28 Pífano Teatro actuará tamén no concello lucense de Meira.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias