El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Comezan hoxe en Santiago as Xornadas de Integración Social ?Aquí collemos tod@s?

Organizadas polo Club Internacional de Prensa da Secretaría Xeral de Comunicación, contan coa colaboración da Secretaría Xeral de Benestar e a U.S.C., e serán inauguradas por Fernando Salgado

23-10-2006

Estudantes de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Dereito, ou Educación, traballadores sociais, estudantes de integración social e familiar, educadores sociais e familiares, estudantes de axuda a domicilio, ou de linguaxe de signos e psicólogos figuran entre as máis de 500 persoas inscritas nas Xornadas de integración social ?Aquí collemos tod@s?que inaugurará hoxe ás 11.00 horas o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, ademais do decano da Facultade de CC. da Comunicación, Miguel Túñez e a directora do Club Internacional de Prensa. Ás 11.30 terá lugar a primeira das Mesas de Debate, que leva por título ?A integración das persoas con Discapacidades Físicas e Psíquicas?. Nesta Mesa participan asociacións, federacións e confederacións sectorais como Cogami, Fademga, Autismo Galicia, Aspaber e a presidenta do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social, e será moderada por Teresa Guerra, traballadora social do concello de Oleiros. Xa na xornada da tarde ?que comeza ás 16:30 hs- será a Mesa ?Ver @s xord@s, escoitar @s ceg@s? a que protagonice a expo-sición e debate, exposición que realizarán representantes da Once e da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Faxpg. Esta Mesa será moderada polo xornalista Toni López, persoa cega integrada plenamente na vida laboral e social. O tratamento dos medios Ademais de expoñeren os relatores a realidade que viven á hora de plantearse a integración social a tódolos niveis ?integración que en moitos casos procede do propio autoimpedimento das persoas afectadas por algún tipo de discapacidade- analizarase o tratamento que os medios de comunicación dan a estas situacións; un tratamento que a xuízo dos relatores, en moitos casos ?é absolutamente frívolo e sensacionalista?. Sensibilizar e comprometer ós futuros xornalistas e actuais profesionais da comunicación no seu labor de divulgación e naturalización das distintas situacións e os variados obstáculos que na vida cotián viven as persoas con diversas discapacidades físicas ou psíquicas, ou as persoas cunha vida condicionada por enfermidades crónicas, mesmo a integracións dos cativos con cualidades especiais, ou as necesidades de integración dos Maiores, conforman o obxectivo destas Xornadas de Integración Social, na que as propias Asociación e Colectivos organizados nestes ámbitos, serán quen protagonicen cada unha das 5 Mesas nas que se distribúen tematicamente as Xornadas. Ó comezo de cada unha das Mesas de debate, proxectarase un vídeo que reflictirá o que logo se debatirá na Mesa. Estes vídeos están realizados polos alumnos de Comunicación Audiovisual das Facultades de CC. da Comunicación da USC e de CC. Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Un traballo este que ten un doble valor: por unha banda, a experiencia dos estudantes na realización de produtos audiovisuais, e pola outra, o achegamento ás distintas realidades dos diferentes colectivos que, partindo dunhas caracterísitcas concretas, viven a cotió dificultades de integración social. ¿Por qué?: as respostas poden ser moitas, e de seguro que todas elas, sairán a relucir no decurso destas Xornadas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias